sábado, 29 de noviembre de 2008

GALERIA DE ARTISTAS

Na aula de 3 anos B estamos facendo unha galeria de artista coa axuda da profe Silvia.Adicámoslle as tardes dos Xoves a facer os nosos cadros.
Polo momento fixemos o cadro do puntillismo e unha reproducción dos cadros de Jackson Pollock.Estes traballos os facemos entre todos e todas ainda que logo cada un de nós facemos tamén traballos individuais que co remate de curso levaremos para casa.Seguiremos ampliando e amosándoos as nosas obras de arte.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

profe Silvia (como di o meu pequeno) felicítoche polas túas iniciativas e o teu inmenso traballo. Da gusto atopar profesionais como ti, que non escatiman nin tempo nin traballo para que os nosos fillos reciban unha boa educación. segue así. grazas.

Anónimo dijo...

Moitas grazas, sexas quen sexas, (porque non deixaches nome).Pero quero que sepas que non fago nada máis que aquelo que me gusta, para o que me preparei e polo que teño ilusión.O meu soño dende pequena era ser mestra, pero quería ser coma a miña mestra Conchita de Infantil,non unha mestra calqueira, e penso que igual ca ela non son porque para min foi a mellor, pero estouno intentando.Mil grazas polas túas palabras bonitas.