miércoles, 17 de junio de 2009

EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS

Como xa saberedes, tedes a vosa disposición unha exposición de libros antigos que foron prestados por todo o alumnado e as familias de Calo para a ocasión.
Esta é unha actividade máis que propuxo o Equipo de Biblioteca na QUINCENA CULTURAL e que podemos disfrutar ata o 19 de Xuño.
Todas as aulas do colexio tiveron tamén a ocasión de visitala, e os nenos e nenas de 3 anos B, como imaxinaredes, NON QUIXEMOS FALTAR A CITA, e alá fomos!!!

















ANIVERSARIO DE IVÁN





ANIVERSARIO RAÚL








lunes, 15 de junio de 2009

XOGOS POPULARES, XOGOS DE SEMPRE

Un bo día tivemos a visita dos maiores de Calo que quixeron vir a ensinarlles e explicarlles, ó alumnado de 5º, os xogos cos que eles e elas creceron.
Como a nós todo nos interesa quixemos ir a observar, pero ... unha vez alí ... non poidemos quedar de miróns soamente e grazas a amabilidade dos invitad@s poidemos participar.

Comezamos polo trompo. Algúns de nós intentou bailalo coa atenta mirada da profe Silvia:



Como non se nos daba moi ben, a profe Lourdes tivo que ensinarnos:

E tamén algún neno e nena maior:

Logo intentámolo co aro. Nin sequera a profe Silvia sabía levalo, ela non xogou con él, NÓTASE BEN!!! :



O profe Eliseo, de ximnasia, SÍ QUE DEBEU DE XOGAR CON ÉL ANTES, EH!! :

A profe Isolina, de 3º quixo facerlle competencia a Eliseo, a ver quen duraba máis:

Nós tamén quixemos intentalo, e...

Observamos o xogo da mariola ou peletre:

Tamén xogamos coa corda. Comezamos saltando:




O xogo das chapas:



A chave (facía moito ruído):

Os bolos: