miércoles, 1 de julio de 2009

ATA SEMPRE

Xa chegamos o final do curso, un ano cheo de ilusións, esforzos, alegrías, traballos e emocións.
Fai pouco que sabía que tiña que ir para o cole de Calo e a verdade tiña os meus medos e inquetudes, e agora que rematou o curso teño que decir ... GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!
Fun moi ben acollida por todos e todas, tanto compañeir@s coma FAMILIAS.
E que decir dos meus nenos e nenas ... SON OS MELLORES!!
Agora vou para o GRA de Rianxo, pero esté onda esté sempre terei un bo recordo de todos e todas vós. Todo o que fixemos e conseguimos dende principio de curso ata o final foi grazas a vosa colaboración, a vosa comprensión e a vosa participación. Sen todos e todas vós non sería posible nada de todo o que fixemos.MOITAS GRAZAS!!!
Conseguistedes que teña máis ilusión pola miña profesión e que nunca me rinda por aquelo polo que creo.
AGORA SEREI EU A QUE SEGUIREI AS VOSAS PEGADAS.

FESTA FIN DE CURSO