miércoles, 1 de julio de 2009

ATA SEMPRE

Xa chegamos o final do curso, un ano cheo de ilusións, esforzos, alegrías, traballos e emocións.
Fai pouco que sabía que tiña que ir para o cole de Calo e a verdade tiña os meus medos e inquetudes, e agora que rematou o curso teño que decir ... GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!
Fun moi ben acollida por todos e todas, tanto compañeir@s coma FAMILIAS.
E que decir dos meus nenos e nenas ... SON OS MELLORES!!
Agora vou para o GRA de Rianxo, pero esté onda esté sempre terei un bo recordo de todos e todas vós. Todo o que fixemos e conseguimos dende principio de curso ata o final foi grazas a vosa colaboración, a vosa comprensión e a vosa participación. Sen todos e todas vós non sería posible nada de todo o que fixemos.MOITAS GRAZAS!!!
Conseguistedes que teña máis ilusión pola miña profesión e que nunca me rinda por aquelo polo que creo.
AGORA SEREI EU A QUE SEGUIREI AS VOSAS PEGADAS.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas Silvia.Segue así. Non perdas nunca a ilusión que tes e as ganas de traballar pois o labor de profesora é un dos máis importantes que existen.

ANTON dijo...

HOLA PROFE SILVIA SOY ANTON. YO TAMBIEN QUIERO IR AL COLE DE RIANXO.
VEN A VISITARNOS A ESTEIRO CUANDO QUIERAS.
UN BESO MUY FUERTE

Anónimo dijo...

como di Silvia sodes os mellores os mais guapos disfrutade do vran para voltar con forza moitos bicos para todos e para ti tamen Silvia se algun dia podemos iremos a visitarte a Rianxo pois o padriño de Pablo vive ali e agora Pablo vai ter un primiño en Rianxo e quen sabe si seras ti a sua profe que teñas moita sorte

Anónimo dijo...

Sería estupendo que os pais e nais non perderamos este blog. Propoño que durante o próximo curso lle sigamos dando uso: para expor toda clase de cuestións, encontros, excursións, cumples, actividades.... e non perder o contacto. Espero que o enorme traballo realizado por Silvia non caia en saco roto e o sepamos aproveitar. Saúdos a todos e boas vacacións.

Anónimo dijo...

Estou de acordo contigo haber si o conseguimos eu poñerei todo da miña parte.

Profe Silvia dijo...

Como estades pasando estas vacacións? aproveitade agora que parece que ven o bo tempo!!
Que tal por Canarias, Alberto Neira?
Onte coñecín ós teus avós no seu bar e dixéronme que andabas por alá.Disfrutade do tempo libre que pronto remata.
SAÚDOS PARA AS FAMILIAS E UN BIQUIÑO PARA TODOS OS MEUS NENOS E NENAS.PENSO MOITO EN VÓS.

Anónimo dijo...

hola profe silvia, son Alberto Neira. Teño que contarche que o pasei moi ben por Canarias, fun a praia e nadei moito. Gracias por todo o que fixeches este ano e pola ilusión coa que conseguiches que cada mañan, tan temprano, collese o bus para ver a profe Silvia, un bico grandeeeee e disfruta ti tamén do verán que o mereces. Xa me contaron que estiveras polo bar do padriño asi que cando queiras xa sabes donde estou

Anónimo dijo...

Hola son Pablo, e querote felicitar Alberto Neira porque sei que estes dias estas de cumple e tamen a ti Ivan que xa quedan poucos dias para festexalo que ben o imos pasar......................
Un bico moi forte para todos os meus compañeiros e tamen para ti Silvia que sigo pensando que para Septembro vas seguir estando con nos.

Profe Silvia dijo...

MOITAS FELICIDADES PARA ALBERTO NEIRA, RAÚL E IVÁN QUE CUMPLEN OS SEUS MARABILLOSOS 4 ANOS NESTE MES DE XULLO. DISFRUTADE DO VOSO DÍA E DAS VACACIÓNS, EU SIGO PENSANDO MOITO EN VÓS.AÑORO O VOSO CARIÑO. SODES @S MELLORES!!!

Anónimo dijo...

Xa rematou o vran e agora en tres dias comenza o cole.Que disgusto para alguns que alegria para outros.Silvia xa non vai estar pero estara a profe Anxos,ainda que creo que van a separar a alguns nenos dos seus compañeiros do curso pasado ,haber como o toman esperemos que ben pero son moitos cambios un bico e ata pronto.