O principal obxectivo era conseguir que as familias se coñezan entre elas xa que este é o primeiro ano que están no colexio e probablemte permanezcan xuntas ata o remate da Educación Primaria.
A resposta das familias foi estupenda e ata contamos coa participación de aboas, tías, madriñas e ata veciñas!!!
A obra que decidimos facer entre todas foi a titulada: A BODA DA PULGA E O PIOLLO, que conta a historia dun piollo e unha pulga que queren casar pero son tan pobres que non teñen o que precisan para a celebración. Sorte que teñen moi bos amigos e amigas ( as formigas, os ratos, as caneliñas ...) que lle ofrecen todo para o banquete, por iso ó final, e a pesar de que un gato gatuno quixo estropear a celebración comendo ó rato e á rata que eran os padriños de bodas, poden casar e todos están felices e bailan o ritmo da canción de MAMACABRA, "a pulga e o piollo".
A verdade é que o tempo adicado os ensaios e máis a implicación e participación por parte das mamás que quixeron e poideron participar na actividade, non só fixo conseguir o principal obxectivo, senon tamén, pasámolo moi ben e disfrutamos preparando todo o necesario para a MARABILLOSA representación que fixeron ó final.
As testemuñas que tivemos durante os dous días de representación poden dar fe de que o fixeron XENIAL
ASÍ FIXEMOS O DECORADO:
OS ENSAIOS PREVIOS:
OS E AS ESPECTADORAS:
AS PRESENTADORAS:
OS PREPARATIVOS:
O GRAN DÍA DA REPRESENTACIÓN
O TRES DUENDES QUE NOS CONTARON A HISTORIA DA PULGA E O PIOLLO:
OS PROTAGONISTAS, A PULGA E O PIOLLO:
AS AMIGAS AS FORMIGAS:
A CANELIÑA:
O MOSQUITO:
O RATO, O PADRIÑO:
A RATA, A MADRIÑA:
E POR FIN A BODA!!!:
APARECEU O GATO GATUNO PARA COMER ÓS PADRIÑOS:
O FINAL DA OBRA CUN BAILA:
MOITAS GRAZAS A TODAS POLO VOSO ESFORZO E O VOSO CARIÑO. FIXÉSTESNOS PASAR UN MOI BO RATO. GRAZAS E NORABOA!!!
O mesmo día que fixemos a nosa representación tamén fixeron unha obra de teatro os nenos e nenas da aula de 5º aproveitando un traballo que fixeron na clase. A obra titúlase: "AI MAMASIÑA QUE MEDO" e como xa imaxinabamos fixéronno moi, pero que moi ben.
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS O VOSO TRABALLO E ESFORZO. NORABOA!!!
1 comentario:
Hola de novo son a mama de Pablo eu non puiden participar na obra de teatro pois o meu traballo non mo permiteu pero douvos a noravoa a todas as que participaches.Moitas grazas Silvia por poñer tanto empeño e grazas tamen por deixar que escribamos comentarios de novo.
Publicar un comentario