viernes, 24 de abril de 2009

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentala lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén no 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ó libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular ós máis xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e respetar a irreemplazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural. A idea de esta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar unha rosa ó comprador ou compradora dun libro.
No cole de CALO festellamos o día do libro coa lectura de contos nas distintas aulas.
Ás aulas de Infantil viñeron nenos e nenas de 5º a lernos contos.
Na nosa clase veu Uxía e Lidia a lernos O PATIÑO FEO e A VELLA QUENLLA PERDEU OS DENTES.

LECTURAS NA NOSA AULA:








LECTURAS NA AULA 3 ANOS A:




LECTURAS NA AULA DE 4 ANOS:



LECTURAS NA AULA DE 5 ANOS:






LECTURAS NA AULA MIXTA:





Dende o Equipo de Biblioteca propuxéronnos facer uns marcapáxinas para expoñer no colexio, e nós decidimos facer uns marcapáxinas personalizados debuxándonos a nos mesmos e pintándonos.
Para que todos e todas os que veñan e entren no colexio poidan ver os nosos marcapáxinas puxémolos na portería do colexio co permiso de María, a nosa mellor conserxe:

No hay comentarios: