É un caderno dos nenos e nenas de 3 anos B do CEIP de Calo que comezan neste curso un longo camiño por percorrer.
Un camiño longo, difícil e cheo de sorpresas e ilusións.
Desexamos que tod@s cheguemos xunt@s ó final da nosa viaxe, tendo en conta que cadaquén seguirá a súa traxectoria, e coma ben dí o refrán:
"Tódolos camiños levan a Roma"
Se non vos queredes perder a nosa viaxe, SEGUIDE AS NOSAS PEGADAS!!!
O outro día contounos a profe Silvia que os nosos compañeiros e compañeiras da aula mixta, de 4 e 5 anos, tiña unhas mascotas na clase. Tivemos tanta curiosidade por saber de qué se trataba que alá fomos a súa clase para descubrilo. Resultaron ser 2 TARTARUGAS que se chaman LOLO e LOLA. Estivemos vendo coma eran, onde as tiñan, que comían, cómo as coidaban ... E logo, os máis curiosos, collimos unha na man para vela mellor:
A profe Silvia, díxonos que estamos no Outono e estamos aprendendo cousas que se dan e pasan en Outono. Xa sabemos que no Outono caen as follas das árbores, vai máis frio, chove máis, é tempo de castañas, noces, cogumelos, magostos, Samaín ... Na nosa aula tivemos uns cogumelos que poidemos ver e saber coma eran. A profe díxonos que os cogumelos eran moi variados en formas, tamaños, cores ... E que había cogumelos venenosos polo que nos aconsellou que coméramos só os cogumelos que teñen nas tendas para vender e que non coméramos os que atopásemos en montes porque había que coñecer moito os cogumelos para saber se son dos que se poden comer ou non.
Este Venres a profe troúxonos a ensinar un VERME que atopou nunhas follas de repolo.Era verde e estaba comendo no cacho de repolo no que viña. Estirábase coma unha serpe ainda que era máis pequeno!! Mirade coma era:
Como xa estamos no Outono fixemos as nosas follas para a nosa árbore que nos fixo a profe Silvia na porta da nosa clase:
Os mércores pola mañá vamos a informática onde nos divertimos aprendendo. Poñémonos en contacto co mundo das TICs, (Tecnoloxías da Información e a Comunicación)que tan presentes están hoxe no noso mundo e son moi necesarias para moitas cousas. Estamos descubrindo que o ordenador danos multitude de posibilidades: xogamos, vemos videos, películas,contos, buscamos información,permítenos comunicarnos con outras escolas e outros nenos e nenas, vemos fotos nosas que quitamos previamente coa cámara dixital, podemos obter debuxos que logo imprimimos e pintamos ... Nestas primeiras visitas a sá de informática, estamos empezando a coñecer o rato do ordenador e aprendendo a movelo.
Tódolos mércores pola tarde adicámonos a ver pelis infantís ou videos no ordenador. Primeiramente preparamos as nosas caixas para poñer as palomitas e poder ver a peli:
Despois, a profe Silvia pecha as persianas, encende as luces do cine e poñémonos a comer as palomitas que nos reparte para tod@s mentres disfrutamos da peli:
QUÉ BEN O PASAMOS!!! DESEXAMOS QUE VOLVA A SER MÉRCORES!!!