martes, 12 de mayo de 2009

NOTA INFORMATIVA

Este blog foi creado só cun fin EDUCATIVO.
Atópome cada vez con máis frecuencia con que se está transformando esta idea, por iso, como creadora do mesmo, tomo a decisión de restrinxir os comentarios, polo menos temporalmente, mentres non nos demos conta de que ante todo debemos ser educad@s, respetuosos co traballo alleo e un pouco máis agradecidos.
Tivéchedes liberdade total para expresarvos e opinar sobre todo o que quixéchedes pero ... ata aquí chegamos!!!
Gustaríame que respetáredes esta decisón, que reflexionedes un pouco sobre o que ocurreu.
Non quixera privar, especialmente ós meus nenos e nenas e ás súas familias, do acceso ó blog e ós recursos educativos que proporciona, así como, a toda a información que lles aporta.

En verdade, Queremos apostar polas Novas Tecnoloxías?
Por que non se busca outra vía para manifestar opinións?
Non vos parece interesante motivar ós nenos/as con estas iniciativas e recursos TIC?
Por qué estragar estas novas iniciativas?

Seguimos tendo moita fe nestas novas ferramentas?
AGRADEZCO O APOIO E A COMPRENSIÓN DE MOIT@S DE VÓS.

COMUNICAREIVOS A CONTINUIDADE DO BLOG CANDO O CONSIDERE OPORTUNO.

SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN.SAÚDOS!

A PROFE SILVIA

No hay comentarios: