miércoles 1 de julio de 2009
ATA SEMPRE
Fai pouco que sabía que tiña que ir para o cole de Calo e a verdade tiña os meus medos e inquetudes, e agora que rematou o curso teño que decir ... GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!
Fun moi ben acollida por todos e todas, tanto compañeir@s coma FAMILIAS.
E que decir dos meus nenos e nenas ... SON OS MELLORES!!
Agora vou para o GRA de Rianxo, pero esté onda esté sempre terei un bo recordo de todos e todas vós. Todo o que fixemos e conseguimos dende principio de curso ata o final foi grazas a vosa colaboración, a vosa comprensión e a vosa participación. Sen todos e todas vós non sería posible nada de todo o que fixemos.MOITAS GRAZAS!!!
Conseguistedes que teña máis ilusión pola miña profesión e que nunca me rinda por aquelo polo que creo.
AGORA SEREI EU A QUE SEGUIREI AS VOSAS PEGADAS.
miércoles 24 de junio de 2009
TELEVISIÓN DE GALICIA EN CALO
http://www.agalega.info/videos/?emi=7741&corte=2009-06-22&hora=20:10:22&canle=tvg1
miércoles 17 de junio de 2009
EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS
Esta é unha actividade máis que propuxo o Equipo de Biblioteca na QUINCENA CULTURAL e que podemos disfrutar ata o 19 de Xuño.
Todas as aulas do colexio tiveron tamén a ocasión de visitala, e os nenos e nenas de 3 anos B, como imaxinaredes, NON QUIXEMOS FALTAR A CITA, e alá fomos!!!
lunes 15 de junio de 2009
XOGOS POPULARES, XOGOS DE SEMPRE
Como a nós todo nos interesa quixemos ir a observar, pero ... unha vez alí ... non poidemos quedar de miróns soamente e grazas a amabilidade dos invitad@s poidemos participar.
Comezamos polo trompo. Algúns de nós intentou bailalo coa atenta mirada da profe Silvia:
Como non se nos daba moi ben, a profe Lourdes tivo que ensinarnos:
E tamén algún neno e nena maior:
Logo intentámolo co aro. Nin sequera a profe Silvia sabía levalo, ela non xogou con él, NÓTASE BEN!!! :
O profe Eliseo, de ximnasia, SÍ QUE DEBEU DE XOGAR CON ÉL ANTES, EH!! :
A profe Isolina, de 3º quixo facerlle competencia a Eliseo, a ver quen duraba máis:
Nós tamén quixemos intentalo, e...
Observamos o xogo da mariola ou peletre:
Tamén xogamos coa corda. Comezamos saltando:
O xogo das chapas:
A chave (facía moito ruído):
Os bolos:
domingo 14 de junio de 2009
OBRA DE TEATRO
O principal obxectivo era conseguir que as familias se coñezan entre elas xa que este é o primeiro ano que están no colexio e probablemte permanezcan xuntas ata o remate da Educación Primaria.
A resposta das familias foi estupenda e ata contamos coa participación de aboas, tías, madriñas e ata veciñas!!!
A obra que decidimos facer entre todas foi a titulada: A BODA DA PULGA E O PIOLLO, que conta a historia dun piollo e unha pulga que queren casar pero son tan pobres que non teñen o que precisan para a celebración. Sorte que teñen moi bos amigos e amigas ( as formigas, os ratos, as caneliñas ...) que lle ofrecen todo para o banquete, por iso ó final, e a pesar de que un gato gatuno quixo estropear a celebración comendo ó rato e á rata que eran os padriños de bodas, poden casar e todos están felices e bailan o ritmo da canción de MAMACABRA, "a pulga e o piollo".
A verdade é que o tempo adicado os ensaios e máis a implicación e participación por parte das mamás que quixeron e poideron participar na actividade, non só fixo conseguir o principal obxectivo, senon tamén, pasámolo moi ben e disfrutamos preparando todo o necesario para a MARABILLOSA representación que fixeron ó final.
As testemuñas que tivemos durante os dous días de representación poden dar fe de que o fixeron XENIAL
ASÍ FIXEMOS O DECORADO:
OS ENSAIOS PREVIOS:
OS E AS ESPECTADORAS:
AS PRESENTADORAS:
OS PREPARATIVOS:
O GRAN DÍA DA REPRESENTACIÓN
O TRES DUENDES QUE NOS CONTARON A HISTORIA DA PULGA E O PIOLLO:
OS PROTAGONISTAS, A PULGA E O PIOLLO:
AS AMIGAS AS FORMIGAS:
A CANELIÑA:
O MOSQUITO:
O RATO, O PADRIÑO:
A RATA, A MADRIÑA:
E POR FIN A BODA!!!:
APARECEU O GATO GATUNO PARA COMER ÓS PADRIÑOS:
O FINAL DA OBRA CUN BAILA:
MOITAS GRAZAS A TODAS POLO VOSO ESFORZO E O VOSO CARIÑO. FIXÉSTESNOS PASAR UN MOI BO RATO. GRAZAS E NORABOA!!!
O mesmo día que fixemos a nosa representación tamén fixeron unha obra de teatro os nenos e nenas da aula de 5º aproveitando un traballo que fixeron na clase. A obra titúlase: "AI MAMASIÑA QUE MEDO" e como xa imaxinabamos fixéronno moi, pero que moi ben.
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS O VOSO TRABALLO E ESFORZO. NORABOA!!! href="http://3.bp.blogspot.com/_1sI8qjYVF6M/SjaNY5eThlI/AAAAAAAACRM/XCVdpjRe9KE/s1600-h/IMG_7810.JPG"
jueves 4 de junio de 2009
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Como podedes imaxinar pasámolo xenial: por ir en bus, por ir con todos os nosos compañeiros e compañeiras, con todas as nosas profes ...
A pesar de que o camiño foi un pouco longo, VALEU A PENA!!
Recibíronnos uns e unhas monitoras moi simpáticas e atentas, dividíronnos por grupos de cores e comezamos os talleres.
Tod@s pasamos polos diferentes talleres.
TALLER DE TÍTERES:
ESTIVEMOS CON DISTINTOS ANIMAIS E DÉMOSLLES DE COMER:
FIXEMOS PAN AMASANDO E METÉNDOO NO FORNO:
ESTIVEMOS NA HORTA E NO INVERNADEIRO PLANTANDO:
A HORA DA COMIDA: RICO, RICO:
O TEMPO LIBRE:
BAILES COLECTIVOS:
A VOLTA Ó COLE DESCANSANDO:
domingo 17 de mayo de 2009
LETRAS GALEGAS


Trátase dunha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, clave para conseguir a continuidade deste tras a Guerra Civil Española (motivo polo que foi encarcelado entre 1946 e 1949).
A súa obra escrita repártese entre traballos de índole filosófica e traballos de orientación lingüístico-literaria (centrados nos problemas do proceso de normalización da lingua galega).
Foi pioneiro tamén na traducción de obras en oturos idiomas ó gallego, entre as que destaca Da esencia da verdade (1956), de Heidegger.
No cole de Calo estivemos coñecendo un pouquiño a Ramón Piñeiro.
Na nosa aula de Infantil fixemos algúns traballos despois de que a profe Silvia nos falara deste escritor galego:








Para concienciarnos na nosa lingua e a importancia do seu uso e coñecemento quixemos facer un manifesto conxunto, onde implicouse todo o alumnado e o profesorado.
Entre tod@s nós puxemos na entrada do cole unha frase reflexiva e recordatoria:
HOXE TAMÉN EN GALEGO
Unha O de OFICIOS GALEGOS:
Unha E de ESCRITORES E ESCRITORAS GALEGAS:
Unha T de TRAXE GALEGO (aula de 3 anos B):
Unha M de MÚSICA GALEGA (aula de 5º B), unha E de EMBARCACIÓNS GALEGAS (aula mixta de Infantil) e unha N de NOMES GALEGOS (aula de 3 anos A):
Unha G de GASTRONOMÍA GALEGA (aula de 5 anos):
Así fixemos nós a nosa T de TRAXE GALEGO:
Para festellar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, dende o Equipo de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES propuxéronnos ir o Venres 15 de Maio con traxes ou atuendos galegos.
Pouc@s foron os que se animaron pero os que si o fixemos. ADIVIÑADE CÓMO O PASAMOS!?
Fixemos fotos ós nenos e nenas que viñeron vestidos para o día:
Compartimos momentos de alegría cos nosos compañeir@s:
Fixemos bailes e cancións galegas con todos os nenos e nenas de Infantil:
A profe Lourdes, de Relixión, moi galega:
Na hora do recreo fixemos unha festa con música galega, bailando e cantando con tod@s aqueles que quixeron e a verdade é que o pasamos ben, MOI BEN:
A profe Samarita e María ben galegas: O profe Moncho e a profe Mercedes bailaríns galegos:
Carlota de galega azul:
FINAL DE FESTA:
martes 12 de mayo de 2009
NOTA INFORMATIVA
Atópome cada vez con máis frecuencia con que se está transformando esta idea, por iso, como creadora do mesmo, tomo a decisión de restrinxir os comentarios, polo menos temporalmente, mentres non nos demos conta de que ante todo debemos ser educad@s, respetuosos co traballo alleo e un pouco máis agradecidos.
Tivéchedes liberdade total para expresarvos e opinar sobre todo o que quixéchedes pero ... ata aquí chegamos!!!
Gustaríame que respetáredes esta decisón, que reflexionedes un pouco sobre o que ocurreu.
Non quixera privar, especialmente ós meus nenos e nenas e ás súas familias, do acceso ó blog e ós recursos educativos que proporciona, así como, a toda a información que lles aporta.
En verdade, Queremos apostar polas Novas Tecnoloxías?
Por que non se busca outra vía para manifestar opinións?
Non vos parece interesante motivar ós nenos/as con estas iniciativas e recursos TIC?
Por qué estragar estas novas iniciativas?
Seguimos tendo moita fe nestas novas ferramentas?
AGRADEZCO O APOIO E A COMPRENSIÓN DE MOIT@S DE VÓS.
COMUNICAREIVOS A CONTINUIDADE DO BLOG CANDO O CONSIDERE OPORTUNO.
SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN.SAÚDOS!
A PROFE SILVIA








