Ó final fixemos os nosos nomes, que en canto sequen ben, pódense despegar do plástico no que os levamos para casa para pegar e compoñer nun cristal.
Os que non sabiades para qué era o nome con pintura nun plástico, agora xa o sabedes.
Supoño que algún neno e nena xa volo contou porque ían con moita ilusión co seu nome para casa e moi sorprendidos de ver como se pode quitar e poñer na ventá todas as veces que queiramos:
2 comentarios:
Xa lle preguntei eu a meu cativo que pinturas eran esas. Claro que se esforzou moito en explicarmo pero non o entendín claramente. Son preciosas. Ah! Descansa un chisco Silvia que eres infatigable. Saudos.
Moi bonitos os nomes,que ilusion o primeiro que fixo Pablo o chegar a casa foi poñelo na ventana da sua habitacion.
Publicar un comentario