ti para o mar
e eu para a terra.
É un caderno dos nenos e nenas de 3 anos B do CEIP de Calo que comezan neste curso un longo camiño por percorrer. Un camiño longo, difícil e cheo de sorpresas e ilusións. Desexamos que tod@s cheguemos xunt@s ó final da nosa viaxe, tendo en conta que cadaquén seguirá a súa traxectoria, e coma ben dí o refrán: "Tódolos camiños levan a Roma" Se non vos queredes perder a nosa viaxe, SEGUIDE AS NOSAS PEGADAS!!!
2 comentarios:
Gústame moito que Silvia poña 'deberes' si é que se poden chamar así, os nosos fillos. É unha forma de facer cousas con eles e de paso que lles serva de proveito. Outra idea xenial.
grazas e bicos.
Ah!. sinto a miña ignoracia pero acabo de ver os nenos da Mixta. Felicidades para eles tamén e para a súa profe. Debería sumarse a este blog todo o colexio. Supoño que será difícil pero estaría ben intentalo.
Por outra banda quixera felicitar tamén ao profesor Moncho. El foi o meu primeiro contacto co colexio e xa vin que se trataba dunha boa persoa. Logo vin como era a súa relación cos nenos e tamén me gustou. Grazas e a seguir con esas ganas e ilusión.
Publicar un comentario