Na nosa aula fixemos unhas pombiñas da paz que impulsamos a voar por todo o mundo para conseguir A PAZ NO MUNDO ENTEIRO:
Tamén recibimos unhas paxariñas da paz de cores que nos fixeron os nenos e nenas de Primaria, e que levaremos para casa:

E berramos por todo o alto a palabra PAZ.
Escollimos o idioma ucraniano porque o noso compañeiro Alberto Neira está de viaxe coa súa familia en Ucrania e coma non está connosco para festellar o día da paz ...
En ucraniano paz dise MIR e mirade como fixemos o noso mural da paz entre todos nós:

Puxemos plastilina amarela e azul porque así é a bandeira de Ucrania e xa de paso aprendimos unha bandeira máis para o noso proxecto.
ESTE FOI O PROCESO:
6 comentarios:
Silvia é increíble, implícase moitísimo na vida dos nenos e así os tes, todos toliños por ela. Felicidades.
Ahh!!!. boa idea a do entroido. será precioso velos a todos de médicos\as.
bicos e boa fin de semana (maila a choiva).
Por certo e aínda que a cousa non ten nada que ver coa clase de Silvia, que é estupenda... NESTE COLE PASA CADA COUSA.....
quen cousas raras pasan no cole??
Deberíamos ter unha verdadeira asociación que nos informara de todo o que realmente sucede no colexio. ise é o noso dereito. pero todo vai por 'corriños'. en fin...
PERO CUENTA HOMBRE QUE AHORA NOS DEJAS A TODOS INTRIGADOS
Gustariame saber que e o que ocurre no cole pois polo meu traballo podo ir pouco por ali.
o mesmo digo, pois a maioria dos pais non temos a oportunidade de ir polo cole e non nos enteramos do que pasa, se non e polo que contan os nosos peques, e imaxinade o que pode contar un neno de 3 anos
Publicar un comentario