Todos os días pola mañá nomeamos un encargado ou encargada a sortes.
O que saia elexido ten as seguintes funcións:
- Pasa lista
- Conta cantos están na casa e cantos están no cole
- Pon o nome do día no que esteamos
- Pon o tempo que vai
- Reparte os traballos que fagamos na clase
- Vai de primeiro ou primeira na fila das entradas e saídas
- Fai os recados que lle mande a profe
- Vai facer as palomitas dos mércores para o cine
- Vixía que todos os seus compañeiros e compañeiras se porten ben se a profe ten que saír un momento da clase.
- e TODO AQUELO QUE A PROFE LLE ENCOMENDE.
Non é un traballo doado, eh!
Para saber quen é o encargado facemos un xogo de sorte cada dúas semanas, máis ou menos, ata que xa o aprendemos.
Os xogos que xa sabemos son:
- Brasa, brasa, cada un para a súa casa.
- Enviolar, enviolar, o que ría a de apandar.
- Pola chimenea enriba vai un cohete e ó que se despiste cáelle un cachete.
Agora estamos aprendendo este:
- Pelo gato vintecatro, unha, dúas, tres, catro.
martes, 2 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Silvia eres estupenda. grazas polo teu interese
pareceme unha idea estupenda facer que os nenos aprendan e o mismo tempo se sentan responsables unha magnifica idea Silvia
Publicar un comentario