Xa sabemos que no Outono caen as follas das árbores, vai máis frio, chove máis, é tempo de castañas, noces, cogumelos, magostos, Samaín ... Na nosa aula tivemos uns cogumelos que poidemos ver e saber coma eran. A profe díxonos que os cogumelos eran moi variados en formas, tamaños, cores ... E que había cogumelos venenosos polo que nos aconsellou que coméramos só os cogumelos que teñen nas tendas para vender e que non coméramos os que atopásemos en montes porque había que coñecer moito os cogumelos para saber se son dos que se poden comer ou non.
Este Venres a profe troúxonos a ensinar un VERME que atopou nunhas follas de repolo.Era verde e estaba comendo no cacho de repolo no que viña. Estirábase coma unha serpe ainda que era máis pequeno!!
Mirade coma era:
Como xa estamos no Outono fixemos as nosas follas para a nosa árbore que nos fixo a profe Silvia na porta da nosa clase:
Tamén fixemos árbores de Outono: SEN FOLLAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario