sábado, 13 de diciembre de 2008

PARABENS NA AULA DE 5 ANOS

O venres enterámonos de que o irmá de Nicolás, Iván, estaba de cumple e decidimos ir a súa clase a cantarlle o parabens.
Iván esperamos que o pases moi ben no día de hoxe na celebración do teu cumple, E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!



COÑECENDO A PINTORES E PINTORAS GALEGAS

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propúxose facer un calendario polo Nadal, de xeito que participe todo o cole na súa elaboración.
A idea é achegarse a cultura galega coñecendo pintores e pintoras galegas; polo que cada aula elexiu unha obra destes artistas, entre as que o Equipo de Normalización seleccionou previamente, e logo, cada aula interpretou a obra que escolleu e este foi o magnífico resultado:





ESTA FOI O NOSO CADRO DE URBANO LUGRÍS PARA O CALENDARIO:



A profe Silvia contounos que Urbano Lugrís foi e é coñecido coma o pintor do mar porque temáticamente representa o mundo do mar, o mundo dos soños marinos e submarinos, un mundo surrealista, metafísico, fabulador, mítico, etc. e o cadro que nos escollimos é LENDA MARIÑA, feito en 1946.

ESTE FOI O PROCESO DO CADRO DE URBANO LUGRÍS:


















Podedes visitar a exposición virtual de Urbano LUGRÍS no noso apartado de PEGADAS CON ARTE

COS MEUS MELLORES DESEXOS

Send your own ElfYourself eCards

PARA AS NOSAS FAMILIAS: FELICES FESTAS!!

Send your own ElfYourself eCards

domingo, 7 de diciembre de 2008

PINGÜINOS NAVIDEÑOS




PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

FACEMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL PARTICIPANDO TODOS E TODAS:




A árbore rematada:




POÑÉMOSLLE AS CAMPÁS QUE NOS REGALOU JUDITH, A MAMÁ DE PABLO:


GRAZAS, GUSTÁRONNOS MOITO E QUÉDANLLE MOI BEN A ÁRBORE!!!

DECORAMOS A ARBORE DA PORTA CON MOTIVOS NAVIDEÑOS:



E POÑEMOS UNHA ÁRBORE NA CLASE QUE NOS TROUXO A PROFE SILVIA:




TÉMOLO SEMPRE CAS LUCES ENCENDIDAS AGÁS CANDO MARCHAMOS PARA CASA.
A VER SE O VEN BEN OS REIS MAGOS E NOS DEIXAN ALGUN REGALITO.






PORTADA DE JACKSON POLLOCK



martes, 2 de diciembre de 2008

COMEDOR ESCOLAR


MENÚ DO 1 AO 5 DE DECEMBRO DE 2008

ENCARGADO OU ENCARGADA?

Todos os días pola mañá nomeamos un encargado ou encargada a sortes.
O que saia elexido ten as seguintes funcións:
- Pasa lista
- Conta cantos están na casa e cantos están no cole
- Pon o nome do día no que esteamos
- Pon o tempo que vai
- Reparte os traballos que fagamos na clase
- Vai de primeiro ou primeira na fila das entradas e saídas
- Fai os recados que lle mande a profe
- Vai facer as palomitas dos mércores para o cine
- Vixía que todos os seus compañeiros e compañeiras se porten ben se a profe ten que saír un momento da clase.
- e TODO AQUELO QUE A PROFE LLE ENCOMENDE.

Non é un traballo doado, eh!

Para saber quen é o encargado facemos un xogo de sorte cada dúas semanas, máis ou menos, ata que xa o aprendemos.
Os xogos que xa sabemos son:

- Brasa, brasa, cada un para a súa casa.
- Enviolar, enviolar, o que ría a de apandar.
- Pola chimenea enriba vai un cohete e ó que se despiste cáelle un cachete.



Agora estamos aprendendo este:

- Pelo gato vintecatro, unha, dúas, tres, catro.

lunes, 1 de diciembre de 2008

MÁIS SOBRE PORTUGAL

Contounos a profe Silvia que o río Miño, que é galego, separa España de Portugal.
O pobo de España que está na fronteira con Portugal chámase A GUARDIA e o pobo portugués que fai fronteira con España é CAMINHA.
Aprendimos tamén que en Portugal a letra "Ñ", que a profe dí que é unha montaña pequena con sombreiro enriba, non existe. Alí escriben a montaña pequena xunto ca mudiña NH.





Tamén pintamos as bandeiras de España, que é a do noso país e a bandeira de Portugal que é verde e vermella tamén: