viernes, 23 de enero de 2009

jueves, 22 de enero de 2009

MÁIS E MAÍS BANDEIRAS

BANDEIRA DE ARAGÓN (MOI PARECIDA A DE CATALUÑA):




A DE CASTILLA Y LA MANCHA (PARECIDA A DE CASTILLA E LEÓN):





E A DE MADRID, A CAPITAL DE ESPAÑA:



lunes, 19 de enero de 2009

BANDEIRAS

Bandeira de Cantabria:




E a de Andalucía.Moi parecida a de Extremadura que fixemos o outro día, só cambia unha franxa negra de abaixo por unha verde:


sábado, 17 de enero de 2009

RICO, RICO

MAÍS BANDEIRAS

A BANDEIRA DE EXTREMADURA CUNHA SERIE EN VERDE OSCURO-BRANCO E NEGRO:





E A BANDEIRA DE CASTILLA E LEÓN QUE COMO O SEU NOME INDICA TEN CASTELOS E LEÓNS.
ESTA GUSTOUNOS MOITO PINTALA POLOS LEÓNS E CASTELOS ISO QUE TIÑA A SÚA COMPLEXIDADE:




viernes, 16 de enero de 2009

SORTE, SORTIÑA


TRIS TRAS, A ESTOUPA URDIRÁS
CO PÉ PRA DIANTE
E O CU PRA TRAS.

OUTRO XOVES CON ARTE


Este xoves, comezamos a coñecer un novo pintor. Nesta ocasión trátase de Andy Warhol, un dos artistas máis coñecidos e recoñecidos do S.XX, destacado polo movemento POP ART.
Comezou a súa carreira coma pintor e cineasta de vangarda.
Nos anos 60 comezou a pintar productos estadounidenses famosos como latas de sopa Campbell e as botellas de Coca-Cola.Tamén retratou persoaxes famosas da época coma MERILYN MONROE, ELIZABETH TAYLOR, JACQUELINE KENNEDY ...
Nos anos 70 fai retratos dos seus amigos.
Fixo o retrato do cantante español MIGUEL BOSÉ para a portada do disco Made in Spain.

Nós quixemos facer os nosos retratos co efecto Andy Warhol, ahí tedes o resultado.

Dí a profe Silvia que somos UNS AUTÉNTICOS E AUTÉNTICAS ARTISTAS!!!


lunes, 12 de enero de 2009

COLECCIÓN DE BANDEIRAS

Hoxe comezamos a nosa colección de bandeiras españolas. A primeira que fixemos foi a da nosa terra, GALICIA, despois de lembrar coma era a bandeira de España e tamén a de Portugal que xa as traballamos no primeiro trimestre.
Estivemos vendo nun mapa de España as 17 Comunidades Autónomas que forman o noso país:



Logo localizamos Galicia no mapa e vimos coma era a súa bandeira para logo pintala nos.
Mirade que sinxela é e que ven a pintamos:








TAMÉN FIXEMOS A BANDEIRA DE ASTURIAS:








E A DE CATALUÑA, QUE ALGÚNS RESULTOUNOS UN POUCO COMPLEXO FACER A SERIE AMARELO-VERMELLO:



viernes, 9 de enero de 2009

OS REIS MAGOS VISITARON A NOSA AULA

O xoves cando chegamos a clase con moita ilusión sorprendímonos de ver un agasallo para nós, que a profe Silvia díxonos que deixaran os Reis Magos porque fomos moi bos e moi traballadores e traballadoras.
Cando o abrimos comprobamos que era un CABALO BALANCÍN.
Hoxe xa poidemos disfrutar del porque Silvia xa nolo montou con axuda de María: