sábado, 25 de abril de 2009

OS VESTIDOS NAS PROFESIÓNS

Despois de aprender que os vestidos nos protexen do frío, do calor, das caídas ...
que foi avanzando ó longo dos anos, que hai distintos texidos ... agora puxémonos a traballar cos uniformes. Estamos vendo como hai moitas profesións que teñen un vestido específico para desenvolver o seu oficio ou traballo.

Antes de nada, miramos entre tod@s as profesións que coñecíamos e por suposto, os oficios dos nosos pais e as nosas nais, QUE MOITOS DE NÓS NON SABÍAMOS MOI BEN, por iso na libreta de investigacións estamos escribindo as profesións dos nosos pais e nais. Deste xeito, na casa as nosas familias explicaránnos un pouquiño a que se dedican e qué fan no seu traballo para poder esplicarllo ós nosos compañeiros e compañeiras na aula.






viernes, 24 de abril de 2009

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentala lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén no 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ó libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular ós máis xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e respetar a irreemplazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural. A idea de esta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar unha rosa ó comprador ou compradora dun libro.
No cole de CALO festellamos o día do libro coa lectura de contos nas distintas aulas.
Ás aulas de Infantil viñeron nenos e nenas de 5º a lernos contos.
Na nosa clase veu Uxía e Lidia a lernos O PATIÑO FEO e A VELLA QUENLLA PERDEU OS DENTES.

LECTURAS NA NOSA AULA:








LECTURAS NA AULA 3 ANOS A:




LECTURAS NA AULA DE 4 ANOS:



LECTURAS NA AULA DE 5 ANOS:






LECTURAS NA AULA MIXTA:





Dende o Equipo de Biblioteca propuxéronnos facer uns marcapáxinas para expoñer no colexio, e nós decidimos facer uns marcapáxinas personalizados debuxándonos a nos mesmos e pintándonos.
Para que todos e todas os que veñan e entren no colexio poidan ver os nosos marcapáxinas puxémolos na portería do colexio co permiso de María, a nosa mellor conserxe:

CONTACONTOS









ENCARGADO

LUUMEEE!!!
CACHOLA CACHOLEIRA
CHEGOU SABELA A BOMBEIRA
CACHOLA CACHOLEIRA
BAIXOU DO CAMIÓN
CUNHA MANGUEIRA

domingo, 19 de abril de 2009

VERMES DE SEDA

A profe Isabel, da clase mixta, troúxonos a ensinar os vermes de seda que teñen na súa clase.
Estivo explicándonos que antes de nacer estaban nun ovo pequeno que puxo a súa nai, UNHA MARIPOSA.
Agora poidemos ver os pequenos que son, pero co paso do tempo veremos como se fan máis grandes e peludos. Van facendo cacas claras e brandas a partir das que fan un capullo que se converte na súa casa durante uns días. Alí fan unha transformación (metamorfosis) e se converten en crisálida, unha especie de momia, e vánse definindo ós seus ollos, as antenas, as patas e o que serán as ás.
Despois saen do capullo, estiran as ás e ... XA SON MARIPOSAS!!!

Aquí estamos vendo os vermes:





Estivemos vendo fotos na pantalla dos vermes de seda na seguinte dirección de Internet:
http://www.gusanosdeseda.com/gusano.htm



GRAZAS PROFE ISABEL POR ENSINARNOS OS VERMES DE SEDA, SEGUIREMOS OBSERVÁNDOOS ATA QUE SE CONVERTAN EN MARIPOSAS.

CONTACONTOS