sábado, 29 de noviembre de 2008

GALERIA DE ARTISTAS

Na aula de 3 anos B estamos facendo unha galeria de artista coa axuda da profe Silvia.Adicámoslle as tardes dos Xoves a facer os nosos cadros.
Polo momento fixemos o cadro do puntillismo e unha reproducción dos cadros de Jackson Pollock.Estes traballos os facemos entre todos e todas ainda que logo cada un de nós facemos tamén traballos individuais que co remate de curso levaremos para casa.Seguiremos ampliando e amosándoos as nosas obras de arte.

viernes, 28 de noviembre de 2008

MÁIS JACKSON POLLOCK

Este xoves seguimos traballando con Jackson Pollock, agora quixemos facer cada un de nós o noso propio cadro como este pintor tan especial.
Mirade o proceso.Os resultados foron de auténtic@s artistas:
















Para @s que queirades facer un Pollck aquí tedes unhas orientacións:



Animación:

NACE UN NOVO PROXECTO

A profe Silvia díxonos que a nosa compañeira Diana nacera en Portugal e que a súa nai é portuguesa, de feito, fala un pouco distinto a nós, e a profe di que fala portugués.

Entón sentimos curiosidade polo país de Diana e puxémonos a investigar e aprender cousiñas.

Xa sabemos que é O NOSO PAÍS VECIÑO, porque coma di Silvia os veciños viven xuntiños e pretos uns dos outros e Portugal está pegadiño a nós, mirade:






Támén apredimos as letras que ten a palabra Portugal e compuxemos a palabra:



Nestas semanas seguiremos aprendendo máis de Portugal.

jueves, 27 de noviembre de 2008

DIVERTÍMONOS E APRENDEMOS CON EDI

A profe Silvia presentounos estes días a EDI (Encerado Dixital Interactivo). Descubrimos quue é unha encerado máxico no que podemos traballar, pintar, debuxar, escribir, xogar, ver contos, pelis, oir cancións , ver o noso blog, navegar por Internet ... O mellor de todo é que todo o que fagamos no encerado podémolo facer coas nosas mans ou se queremos cuns lápis especiais de cores, tamén ten un borrador especial, moi distinto o da nosa clase. Mirade que ven o pasamos cun coro de ras:

.


Tamén vimos vídeos de cancións:




Tamén fixemos debuxos cos lápis de cores e borramos:







Para xogar con EDI temos que ir a sá de Informática que é onde está instalado grazas a UNS HOMES BOS. GRAZAS A TODOS ELES POR ESTE AGASALLO!!!

A NOSA CLASE VAI MELLORANDO

A profe Silvia púxonos unhas cortinas azuis nas caixas das persianas porque según ela fai a clase máis acolledora e tamén serve para separar espazos.
A verdade e que pronto nos decatamos da sorpresa que nos tiña porque chaman a atención do ben que quedan.



Non só puxemos cortinas, Silvia conseguiu que na nosa aula puxeran unha pantalla grande para poder ver as pelis nela e poder convidar ós nosos compañeir@s de Infantil.
A pantalla pódese subir e baixar sen que nos moleste para traballar na pizarra.
Aínda non poidemos estreala porque falta o proxector pero en canto o teñamos estrearémola e xa volo contaremos.

DIA DO ESPECTADOR

Coma se de un cine de verdade se tratase, fai dos mércores tivemos cine no comedor cunha pantalla moi grande e... non faltaron as palomitas!!!
Como o sitio era moi amplo convidamos ós nosos compañeiros e compañeiras de Infantil que pouco a pouco fóronse achegando por aulas para ver a película.
Pasámolo moi ben tod@s xuntos, a ver se se pode repetir!!!


REMATAMOS O PROXECTO DO NOSO LIBRO







jueves, 20 de noviembre de 2008

OUTRO XOVES CON ARTE

Xa aprendimos moito do PUNTILLISMO, e hoxe coñecimos a Jackson Pollock, que é un pintor que fai cadros abstractos nos que non se ven cousas moi definidas.
A profe Silvia contounos que era un pintor inglés un pouco especial porque para pintar os seus cadros no se sentaba nun estudio, nin o facía nun cabalete senón que él pintaba de pe, enriba dos que ían ser os seus cadros.
Ten un estilo de pintar moi peculiar, xa que pinta con chorreos de cores: soe deixar caer a pintura no papel, goteos co pincel, verte cores mexturadas ...
Silvia púxonos este video de Internet para que víramos como pintaba Jackson Pollock:




Despois de ver como Jackson facía as súas composicións fixemos nós unha proba dun cadro abstracto similando ser Pollock:











Despois de facer probas no ordenador, fixemos o noso cadro colectivo de Jackson Pollock:









Agora podedes prácticar todos e todas as que queirades pintar coma Jackson Pollock: